Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 marzo, 2025
A Estrada, 24 de marzo de 2025.- Guadi Galego, unha das voces femininas máis destacadas e con maior proxección na escena galega, chega este venres ao Teatro Principal da Estrada para ofrecer o espectáculo “Síntese Horizonte”, una aposta da propia intérprete pola evolución do seu son. As entradas están xa á venta no departamento municipal de Cultura do Concello da Estrada, con un prezo de 10 euros.
Autora de temas tan coñecidos como “Matriarcas” ou “Chea de vida”, Guadi Galego lanzou en setembro de 2023 o seu sinxelo “O.D.A.”, coa que emitiu a súa propia mensaxe ao mundo, confirmando que continúa atravesando etapas pensadas para abrir novos horizontes. Con “Síntese Horizonte” achega un espectáculo concibido expresamente para representar en directo.
Deste xeito, a artista estará sobre as táboas do Principal acompañada por unha portentosa banda e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena. A proposta pasou xa por algunhas das principais cidades galegas, colgando en varias delas o cartel de ‘entradas esgotadas’. A xira deste espectáculo rematará en outubro deste ano na Sala Capitol.
Natural de Cedeira, Guadi Galego emprendeu a súa carreira musical sendo moi nova. No ano 1977 entrou formar parte do mítico grupo Berrogüetto en calidade de vocalista, gaiteira e pianista. Gravou con eles tres discos. Comezaron entón os recoñecementos e premios, ata que en 2009 emprende a súa andadura en solitario. Tras varios traballos discográficos, en 2019 estrenou “Immersion”, un repaso por tres dos seus discos anteriores pero interpretados en sete linguas peninsulares, da man de artistas comoIván Ferreiro, Clara Peya, Xabier Díaz ou Lisandro Aristimuño. Este álbum valeulle o Premio á Promoción da Realidade Pluriligüe no Estado. Con dous premios Martín Códax tamén no seu haber, en 2020 lanza “Costuras” e dous anos despois chegou “Roibén”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)