Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 septiembre, 2025
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025. O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou hoxe a situación insostible que está a vivir o persoal do Concello de Santiago, especialmente os policías e bombeiros. Segundo explicou, desde outubro do ano pasado, estes profesionais non recibiron o pago das horas extras realizadas, nin se lles abonaron algunhas festividades.
Guinarte subliñou que, a pesar destas circunstancias, os colectivos seguen a garantir os servizos da cidade “grazas á súa responsabilidade e boa vontade”, comprometéndose coa seguridade da cidadanía e co benestar dos seus compañeiros. “Sen ese esforzo, sería imposible manter uns servizos mínimos á altura dunha cidade como Santiago”, afirmou.
O voceiro socialista tamén destacou que esta situación non afecta só a policías e bombeiros, “moitos traballadores e traballadoras do Concello tamén realizan horas extras sen cobrar, o que evidencia unha falla grave de planificación e de compromiso por parte do goberno municipal da señora Sanmartín. Non pode ser que sexa a boa vontade do persoal a que manteña o funcionamento da cidade”.
Guinarte destacou que as e os socialistas consideran “inaceptable” esta situación e esixe que “se regularicen de inmediato todos os pagos pendentes e que se respecten os dereitos de todo o persoal municipal”.
Para concluír o veceiro engadiu que “Santiago merece un goberno que cumpra coas súas responsabilidades e coas persoas que cada día garanten os servizos para os cidadáns e os cidadás”.
Escrito por Líder Redacción
bombeiros denuncia horas extras Policia local polticia psoe Santiago de Compostela
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)