AD

Actualidad

Guinarte pide ao Goberno de Sanmartín unha proposta “ben fundamentada” para que Santiago sexa zona tensionada

today13 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Gumersindo Guinarte recriminou ao Goberno de Sanmartín que non presentase unha proposta sólida para declarar a cidade zona tensionada e criticou que a Xunta “non está a favor de aplicar a lei de vivenda”, advertindo que os veciños precisan alugueiros a prezos asumibles.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025. O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte, instou este luns ao Goberno de Goretti Sanmartín a presentar “unha nova proposta ben fundamentada, ben documentada” para que Santiago poida ser declarada zona residencial tensionada, despois de que a Xunta de Galicia rexeitase o recurso presentado polo Concello.

Guinarte sinalou que a decisión do Goberno galego “era o esperado” e insistiu en que agora “o que ten que facer o Goberno Municipal da señora Sanmartín é presentar unha nova proposta ben fundamentada” para que, segundo apuntou o voceiro socialista, a Xunta de Galicia “non teña máis remedio que aceptar esa proposta”.

O edil socialista defendeu que a declaración de Santiago como zona tensionada “pode facilitar, favorecer, que iso sexa unha realidade”, en referencia á posibilidade de acceder a alugueiros a prezos asumibles. “Os veciños e veciñas de Santiago necesitan ter acceso á vivenda a prezos axeitados, necesitan ter alugueres a prezos axeitados”, apuntou.

Guinarte lembrou que a declaración de zonas tensionadas é un instrumento previsto na Lei de Vivenda estatal para conter os prezos do alugueiro e favorecer o acceso á vivenda, e lamentou que a Xunta de Galicia “non está a favor de aplicar a lei de vivenda”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *