Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 abril, 2025
Este mércores será a quenda do IES Ordes no programa educativo “Fala que Fala”, unha iniciativa impulsada por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua para fomentar o uso do galego entre o alumnado da ESO. O espazo emitirase en directo dende o centro de ensino e contará cun protagonista moi especial: o rapeiro galego García MC, elixido polo propio alumnado de 1º e 2º da ESO para ser entrevistado.
Con máis de 25 anos de traxectoria, García MC é un dos referentes da cultura hip-hop en Galicia. O artista destaca polo seu compromiso social, pola súa aposta polo galego e pola capacidade de conectar xeracións a través da música urbana. A súa carreira abrangue concertos e talleres en países como Cuba, Portugal ou México, e nestes momentos ultima un novo traballo discográfico con marcado carácter autobiográfico.
“Fala que Fala” levará unha vez máis a radio en directo ás aulas para achegar o galego a través dun formato participativo, lúdico e creativo. Tras o seu paso polo IES Oroso, o Liceo La Paz de A Coruña, o IES Manuel García Barros da Estrada e o IES Ordes, o programa continuará nas vindeiras semanas noutros centros como o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro ou o IES Faro das Lúas, e culminará cun acto final o 10 de xuño na Cidade da Cultura.
Escrito por Líder Redacción
fala que fala galego galicia García MC IES Ordes radio lider
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)