Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 abril, 2025
A pasada madrugada, as instalacións deportivas da Piscina Municipal e do Campo de Fútbol Julio Mato sufriron diversos danos provocados por actos vandálicos. Alguén accedeu aos recintos e causou desperfectos sen motivo aparente, demostrando unha total falta de respecto polos bens comúns.
O Concello quere amosar o seu total rexeitamento a estes comportamentos incívicos que perxudican a todos os veciños e veciñas, especialmente aos que fan uso diario destas instalacións. A Garda Civil xa está a traballar na identificación dos culpables, e confíase en que se depuren responsabilidades para evitar que feitos coma este se repitan. Dende o Concello tamén se agradece a colaboración dos traballadores de recollida de lixo e dunha parella anónima que axudou á empregada de limpeza que se atopaba alí no momento dos feitos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)