AD

Comarca

Ingresada no CHUS tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina para facer chourizos

today8 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: a unha muller quedáralle unha man atrapada por unha máquina para facer chourizos. Ocorreu este luns minutos despois das 16:30 horas nunha vivenda de Reboredo, en Taboada (Silleda).

Decontado, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza, da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.

Os Bombeiros do Deza cortaron coidadosamente parte da máquina no lugar dos feitos, mais pola natureza do accidente confirmaron que as tarefas de liberación deberían completarse unha vez no Hospital Clínico de Santiago. Por este motivo, desde o 112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros de Santiago, que terminaron de retirar a máquina.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *