Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 febrero, 2026
Ames, 4 de febreiro de 2026 – A programación do Ames Cultural, promovida pola Concellaría de Cultura, terá este domingo 8 de febreiro a terceira entrega coa obra teatral Iribarne, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. O Ames Cultural deste primeiro semestre de 2026 comezou en xaneiro coa peza As Gardiás, e traerá teatro, danza e circo a Ames ata o mes de maio. As entradas para cada un dos espectáculos pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.
Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga.
A obra que está dirixida por Xavier Castiñeira, e conta cun elenco formado por Lidia Veiga, Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Jorge de Arcos e Esther F. Carrodeaguas, acadou ata 9 premios María Casares en 9 categorías: espectáculo, dirección, texto orixinal, actriz protagonista, actor protagonista, espazo escénico, vestiario, espazo sonoro e dirección de movemento.
A Duración: 180 min con intermedio de 15 min
As entradas están esgotadas e solicítase a máxima colaboración para anticipar a hora de chegada e así evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. As portas de acceso abriranse 20 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo. Non se poderá acceder á sala unha vez comezada a obra.
Máis teatro en febreiro
No mes de febreiro, o Ames Cultural ofrece na súa programación unha obra teatral máis. Os días 27 e 28 haberá unha dobre estrea de Bio construción, de Ibuprofeno Teatro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.30 horas.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)