Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 enero, 2026
Esta mañá levouse a cabo o Pleno da Mancomunidade Barbanza Arousa no que se realizou o cambio anual de presidencia. Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, despois de ter exercido a presidencia durante o ano 2025 destacou a gran implicación dos 4 concellos para levar a cabo obxectivos tan importantes coma a ampliación das competencias de Mancomunidade e a execución de parte dos fondos Next Generation.
No ano 2025, liderado por Julián Bustelo, cumpriuse o reto histórico da Mancomunidade de ampliar as súas competencias a outros eidos ademais da xestión turística; como son a recollida e tratamento de residuos, recollida e protección de animais e o mantemento e limpeza de vías e espazos públicos entre outros. Tamén se executou un proxecto de Destinos Turísticos Intelixentes, leváronse a cabo avances na cooperación público – privada e comezou a execución do PSTD “Viaxe a través dos sabores”.
Este ano 2026 comeza coas tarefas de poñer en marcha as novas liñas de traballo mancomunadas e o remate do Plan de Sostibilidade Turística, dotado con 1,5 millóns de euros. Con cargo a este plan estanse levando a cabo diferentes actuacións para que o visitante se sumerxa no pasado e no presente da enogastronomía de Barbanza Arousa. A creación dos museos da conserva e da salgadura, a realidade aumentada no Barrio dos Cataláns, a creación de aulas enogastronómicas; así coma rutas que vinculen estes recursos e as visitas a adegas e conserveiras permitirán ao visitante vivir unha experiencia diferencial e de alto valor engadido.
Nos próximos días comezará a execución do suministro e instalación de bicicletas e cargadores eléctricos e as obras do Museo da Conserva en Boiro. Asemade o próximo día 22 acaba o periodo de presentación de ofertas para a execución do “Espazo Enogastronómico en Rianxo” e nas seguintes semanas licitarase a posta en valor do Barrio dos Cataláns na Pobra do Caramiñal, o Museo da Sangadura de Ribeira, a creación dun produto enogastronómico e un plan de comunicación.
José Carlos recalcou tamén que o gran valor engadido da Mancomunidade é a cooperación entre os concellos que permite que os proxectos se executen de forma eficaz e eficiente.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)