Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 diciembre, 2025
O gañador da proba foi Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano (que quedou na segunda posición en 2024); mentres que na segunda e terceira posición quedaron Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino
Ademais, ao comezo das voltas 5, 10, 15 e 20 realizáronse catro sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores. Os premios dos sprints foron para Juan José Bodelo; Delio Fernandez; Cristian Lapido; e Javi Iglesias
Ames, 22 de decembro de 2025.- A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 21 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano; Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino; ocuparon os tres chanzos do podio. Nesta proba participaron 62 ciclistas. Antes da carreira, houbo xincanas ciclistas nas que participaron diversos nenos e nenas. Ditas xincanas estiveron organizadas polo persoal da Escola de ciclismo Velostar. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 5, 10, 15 e 20, e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba.
Máis de 60 ciclistas participaron este domingo na XVIII Carreira Ciclista do Pavo. Os participantes tiveron que dar 30 voltas ao circuíto, duns 1.100 metros de lonxitude, polas inmediacións do paseo fluvial de Bertamiráns. Como en edicións anteriores os participantes percorreron un circuíto pechado entre a avenida da Maía, a rúa das Pesqueiras, a rúa Entrerríos, o camiño de Paraxó e a estrada de Lapido.
O gañador da proba foi Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano (que quedou na segunda posición en 2024); mentres que na segunda e terceira posición quedaron Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino.
Ademais, ao comezo das voltas 5, 10, 15 e 20 realizáronse catro sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores. Os premios dos sprints foron para Juan José Bodelo; Delio Fernandez; Cristian Lapido; e Javi Iglesias.
Como xa é habitual, os premios da carreira consistiron na entrega dun pavo, un polo e unha perdiz para o primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. Cómpre sinalar que non se trata de animais vivos, e que estes obsequios se entregaron ás primeiras persoas en cruzar a meta, ao só haber unha categoría de competición.
Ademais, durante a xornada, fíxose unha homenaxe aos ciclistas galegos Delio Fernández e Samuel Blanco, xa retirados do ciclismo profesional. Ambos compartiron equipo no Sporting-Tavira portugués, conxunto que compite na categoría continental da Unión Ciclista Internacional (UCI).
No acto de entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e outros/as concelleiros/as do grupo de goberno, así como representantes do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego de Ames.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)