Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 enero, 2025
Un particular localizou na mañá deste luns o corpo sen vida dunha muller na praia de Arnela, en Baroño, Porto do Son. Tras o achado, activouse un amplo dispositivo de emerxencias no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e Protección Civil de Porto do Son.
As autoridades están a investigar as circunstancias do suceso, mentres o corpo foi trasladado para realizar a autopsia que determine as causas da morte.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)