AD

Comarca

Lousame abre inscricións para o espectáculo do Mago Teto para persoas empadroadas no municipio

today18 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • As entradas están dispoñibles dende hoxe en bandoticket.com

18 de novembro de 2024.- O Concello de Lousame abre o prazo de reserva de entradas para o espectáculo “Rock ‘n’ magic”, do Mago Teto, segunda e derradeira sesión do Festimaxia 2024 que terá lugar este sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. As entradas son de balde e están dispoñibles dende hoxe en bandoticket.com.

Ata as 14:00 horas do xoves 21 de novembro, as entradas estarán reservadas unicamente para persoas empadroadas en Lousame. De quedaren prazas libres, abrirase o espectáculo á participación de persoas doutros municipios. Dende o Concello de Lousame tamén solicitan ás persoas que se anoten, e que finalmente non poidan acudir ao Festimaxia, a que chamen á Casa da Cultura para poder así deixar a súa butaca a outras persoas.

Rock ‘n’ magic

O espectáculo “Rock ‘n’ magic”, dirixido por Fran Rei, é algo máis ca un espectáculo de maxia, é un concerto de rock and roll no que estará acompañado por Fer Risco, na batería, e Mon Orencio, na guitarra. Deste xeito, os veciños e veciñas de Lousame poderán desfrutar dunha actuación onde a maxia do Mago Teto convive con algúns dos clásicos do rock como Led Zeppelin, Bob Dylan ou Los Suaves.

Esta actuación mestura as dúas paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia, conformando un espectáculo cargado de ilusión, ritmo, humor e moita, moita tralla. Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e ilusións máxicas comparten protagonismo coas estrelas do rock, presentes a través dunha banda en directo. Un espectáculo único que está organizado e financiado polo Concello de Lousame e que porá o punto e final ao Festimaxia Lousame 2024.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *