AD

Comarca

Lousame abre o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2025-2026

today12 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Lousame abre este sábado 15 de marzo o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, centro para menores de 0 a 3 anos, para o curso 2025-2026. Un prazo que estará aberto ata próximo 15 de abril. As inscricións poden formalizarse a través da Sede Electrónica Municipal.

As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal: www.concellodelousame.gal.

As familias interesadas deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado por non estar obrigado).

A maiores, no seu caso poderán presentarse: copia cotexada da última nómina ou recibo de autónomos/as, certificación da situación de desemprego, copias cotexadas do título de familia numerosa, do grado de discapacidade ou de pensións (invalidez, orfandade, estranxeiro…) ou informe dos Servizos Sociais sobre a inclusión da familia en Programas de Intervención Familiar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *