Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 octubre, 2025
1 de outubro de 2025.- O Concello de Lousame celebrou na noite de onte martes a súa sesión plenaria organizativa, na que se deu conta da reorganización municipal tras o cambio na Alcaldía coa chegada de Esteban Ares García. Así, o Pleno aprobou por unanimidade o cambio nas datas de celebración dos plenos ordinarios, cuxa periodicidade mantense cada dous meses, pero que se adiantan ao último xoves dos meses impares, ás 20:00 horas (cando ata o de agora tiñan lugar o último venres dos meses impartes, ás 20:30 horas). Un cambio que foi consensuado previamente polo alcalde, Esteban Ares, cos voceiros da oposición.
Así mesmo, o Pleno aprobou o réxime de dedicacións para o Grupo de Goberno, que cambia con respecto ao exercicio anterior. Se ata o de agora había unha dedicación exclusiva para a Alcaldía e dúas parciais, agora o Concello de Lousame contará con tres dedicacións parciais: 33.500 euros para o alcalde e 23.500 euros para a primeira tenente de alcalde, Silvia Agrafojo, e o segundo tenente de alcalde, Ramón Martínez. Deste xeito, “o custe do novo Goberno municipal de Lousame será inferior ao anterior”, apuntou Esteban Ares. A proposta saíu adiante cos votos a favor de PP e PP e a abstención do BNG (cando hai dous anos a proposta de dedicacións contou cos 5 votos en contra dos grupos da oposición).
Organización do Goberno
Esteban Ares García presidirá a Xunta de Goberno Local, da que formarán parte os tres tenentes de alcalde: Silvia Agrafojo Filgueira, Ramón Manuel Martínez Rial e José Antonio Ces Barreiro, que asume a terceira tenencia de Alcaldía e se suma por primeira vez a estas sesión. A estrutura do Goberno queda organizada en dez grandes áreas, das que Esteban Ares asumirá as competencias propias da Alcaldía, Urbanismo, Persoal, Economía, Facenda e Tramitación Administrativa, e Relacións Veciñais. As outras áreas de xestión serán asumidas polos tres tenentes de alcalde:
Pola súa banda, acordáronse dúas delegacións especiais, de forma que:
Finalmente, os representantes do Concello de Lousame nos órganos colexiados serán:
Neste punto, o grupo municipal socialista anunciou a súa intención de cambiar á súa representante na asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza, troco que deberá solicitar por escrito. Outras cuestións como as retribucións por asistencia a órganos colexiados, as comisións informativas, a formación dos grupos municipais e os representantes dos grupos da oposición nos órganos colexiados mantéñense igual ca na sesión organizativa de 2023, ao non haber cambios.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)