AD

Actualidad

Luis Penido recoñecido como Deportista de Alto Nivel polo Consello Superior de Deportes

today4 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

O Boletín Oficial do Estado (BOE) ven de publicar a resolución do Consello Superior de Deportes (CSD) coa relación de novos deportistas que cumpliron os criterios para obter a consideración de deportistas de alto nivel, en virtude dos seus resultados deportivos internacionáis en 2025. No mencionado listado aparecen duas destacadas figuras actuales do automobilismo galego, como son o compostelán Luis Penido e o xoven silledense Christian Costoya.

A consideración de Deportista de Alto Nivel otórgase por un periodo de 5 anos e é o máximo recoñecemento que otorga o CSD, dependente do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, a aqueles deportistas con nacionalidade española, atendendo ás propostas das distintas federacións deportivas, e analizando non so os resultados deportivos internacionáis dos posibles candidatos, senón tamén outros parámetros como a modalidade deportiva practicada, si é unha modalidade olímpica ou non, a idade do deportista (categoría absoluta ou categorías inferiores), o número de países representados en cada modalidade (a lo menos, 20 países no caso do automobilismo), así como a posición final acadada nos campionatos do mundo ou europeo.

Coa incorporación dos pilotos galegos Penido e Costoya, actualmente, o elenco de deportistas de alto nivel en toda España ascende a un reducido número de 15 pilotos o copilotos dentro do mundo do automobilismo.

Un ilusionado Penido declarou que «é todo un orgullo ter recibido o recoñecemento do CSD polos nosos éxitos no 2025, onde acadamos por primeira vez na historia que un piloto galego se alzase co título de Campión de Europa de Montaña. Cabe reseñar que xa obtiveron esta consideración de Deportistas de Alto Nivel figuras do automobilismo como os pilotos de F1, Fernando Alonso ou Marc Gené, ou figuras do mundo dos ralies como Dani Sordo, Chus Puras ou Antonio Zanini. Ademáis, o feito de entrar neste listado xunto a unha xove promesa do automibilismo, como Christian Costoya, amosa que a idade no é ningún impedimento para seguir soñando e pelexando por triunfos e éxitos deportivos».

Por último, Penido tamén quiso resaltar o trabajo de tódolos membros do seu equipo e dos seus patrocinadores, que levan anos apoiando, e sin os que non sería posible acadar tantos títulos e recoñecementos nos últimos anos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *