AD

Comarca

Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo protagonistas das XV Xornadas Achégate á Igualdade, no Milladoiro

today19 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, pon en valor “a organización destas xornadas que xa chegan a súa décimo quinta edición e nesta ocasión abordarán temas como a trata e a explotación sexual. Contaremos cunha convidada de excepción como é Mabel Lozano, coñecida polo seu labor de denuncia social contra a trata e a explotación sexual de mulleres”

“Ademais, Silvia Pérez Freire e Llerena Pedrozo Porteiro impartirán un faladoiro sobre a prostitución e a trata sexual. Agardamos ter o éxito de participación que tivemos en edicións anteriores e que se inscriba moita xente para participar nos obradoiros e faladoiros que se van a realizar”

Ames, 19 de novembro de 2025.- A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade que este ano ten por lema “Nin mercadoría nin silencio: xornadas contra a trata e a explotación sexual”.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, pon en valor “a organización destas xornadas que xa chegan a súa décimo quinta edición e nesta ocasión abordarán temas como a trata e a explotación sexual. Contaremos cunha convidada de excepción como é Mabel Lozano, coñecida polo seu labor de denuncia social contra a trata e a explotación sexual de mulleres. Ademais, Silvia Pérez Freire e Llerena Pedrozo Porteiro impartirán un faladoiro sobre a prostitución e a trata sexual. Agardamos ter o éxito de participación que tivemos en edicións anteriores e que se inscriba moita xente para participar nos obradoiros e faladoiros que se van a realizar”.

Ponte na súa pel, a cargo de Mabel Lozano

O programa de actividades dará comezo ás 9.30 horas cunha mesa de apertura institucional. De seguido, de 10.15 a 11.45 horas, realizarase o obradoiro Ponte na súa pel, a cargo de Mabel Lozano.  Mabel Lozano é unha escritora, directora de cinema, actriz e activista española coñecida polo seu labor de denuncia social contra a trata e a explotación sexual de mulleres.

A súa carreira, que comezou como actriz e modelo, levouna a dirixir documentais como como Chicas Nuevas 24 Horas (nominado aos Premios Goya 2025) e Biografía del cadáver de una mujer, este último gañador dun premio Goya. Ademais coa curtametraxe Ava gañou un Premio Goya en 2025. Cómpre destacar tamén o seu traballo como escritora e que foi recoñecida con múltiples galardóns polo seu compromiso cos dereitos humanos.

Faladoiro Desvelando mitos da prostitución e a trata sexual

Posteriormente, de 12.30 a 14.00 horas, impartirase o obradoiro Desvelando mitos da prostitución e a trata sexual, que impartirán Silvia Pérez Freire e Llerena Pedrozo Porteiro.

Silvia Pérez Freire é doutora en socioloxía e profesora da Universidade de Vigo, investigadora social especializada en violencia de xénero e co-fundadora da rede galega contra a trata. Llerena Perozo Porteiro é escritora, produtora audiovisual e teatral. Ademais, ten unha longa traxectoria profesional no ámbito da cultura, igualdade, medio ambiente e ecofeminismo.

A xornada é de balde, pero as prazas están limitadas polo aforo dispoñible, polo que se asignarán por orde de inscrición. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *