Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 mayo, 2024
Este mes de maio, Santiago de Compostela vivirá unha triple festividade cultural que atraerá a decenas de miles de visitantes tanto nacionais como internacionais. As Festas da Ascensión, O Son do Camiño e o Banquete de Conxo están a punto de converter a capital galega nun epicentro cultural e festivo durante os próximos días e semanas.
As Festas da Ascensión arrancarán mañá mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, monicreques, drons e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. A orquesta Panorama, Fillas de Casandra ou Billie Marten son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest que traerá a artistas locais como Dios Ke Te Crew ou Boyanka Kostova. O Recinto Feiral de Amio acollerá a Festa das Persoas Maiores o sábado 11, e a popular Feira Cabalar durante a xornada do xoves da Ascensión.
Doutra banda, os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño celebrarase no Monte do Gozo unha nova edición de O Son do Camiño.
O cartel do festival neste 2024 conta con 40 destacados artistas e grupos nacionais e internacionais como Green Day, Thirty Seconds To Mars, J Balvin, Pet Shop Boys, Myke Towers, Melendi, Rels B, Tom Odell, Ana Mena ou La Oreja De Van Gogh, entre outros..
Este ano, a organización estrea Son Electro, un terceiro escenario temático dedicado á música electrónica de nivel mundial, con artistas como Trym, Vitalic, Patrick Mason e Tiga, entre outros.
O Son Do Camiño consolídase como un dos festivais máis importantes de España e Europa, promovendo a cultura musical galega e situando a Santiago de Compostela como un referente na música en directo.
Ademias, o barrio de Conxo celebrará os días 24, 25 e 26 de maio a Festa do Banquete, destacando o Mercado do Libro na praza Aurelio Aguirre e a romaría popular no domingo 26, coas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e actuacións musicais. O evento busca promover a fraternidade, liberdade e igualdade, coa participación activa da comunidade compostelana.
O Mercado do Libro terá lugar o sábado 25 e domingo 26, co prazo de inscrición aberto para librarías e editoras interesadas. Ademais, haberá unha mostra de oficios tradicionais e a posibilidade de instalar postos de polbo con carpa. Novidades inclúen a participación do barrio de Marrozos e a imaxe escollida, a cargo do deseñador Pancho Lapeña.
O domingo 26 será o día principal, con desfile teatralizado do Banquete, seguido polo «Serán da Fraternidade» na carballeira de Conxo, colectivo e foliada. O evento conta con obradoiros de confección de vestimenta tradicional e de época, así como a posibilidade de colaborar como voluntario ou actuando durante a romaría.
Este martes falábamos en Radio Líder Santiago de estas tres citas culturais coa alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín. Podes escoitar a entrevista no seguinte enlace.
Escrito por Líder Redacción
ascension banquete de conxo compostela cultura eventos festas maio o son do camiño ocio radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)