AD

Comarca

Máis de 1.000 persoas asistiron ao XX Festival Internacional de Maxia de Ames

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Do 23 ao 26 de outubro Ames acolleu a vixésima edición do Festival internacional de Maxia, onde se deron cita algúns dos mellores magos galegos e internacionais. Esta edición do FestiMax volveu ser un éxito, xa que se completou o aforo en todas as actividades do programa, tanto nos espectáculos como nos distintos obradoiros. En total, 1.047 persoas asistiron este ano ao festival de maxia

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou “o gran éxito de participación nesta vixésima edición do festival de maxia na que ao longo de catro días máis dun milleiro persoas pasaron polos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival xunta ano tras ano a un gran número de persoas de Ames e da súa contorna. Tras 20 anos o FestiMax xa é un dos festivais de maxia máis lonxevos e consolidados de Galicia”

Ames, 27 de outubro de 2025.- As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron acoller un ano máis o Festival internacional de Maxia “FestiMax”, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 23, 24, 25 e 26 de outubro. O evento, que conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, reuniu a preto de 1.100 persoas. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de catro xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes valoraron de xeito moi positivo os espectáculo de dita gala. As persoas que asiste cada ano manifestaron que se mantén o nivel dos distintos espectáculos ao longo dos anos. Preme nesta ligazón para ver a galería fotográfica do FestiMax 2025.

Do 23 ao 26 de outubro Ames acolleu a vixésima edición do Festival internacional de Maxia, onde se deron cita algúns dos mellores magos galegos e internacionais. Esta edición do FestiMax volveu ser un éxito, xa que se completou o aforo en todas as actividades do programa, tanto nos espectáculos como nos distintos obradoiros. En total, 1.047 persoas asistiron este ano ao festival de maxia.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou “o gran éxito de participación nesta vixésima edición do festival de maxia na que ao longo de catro días máis dun milleiro persoas pasaron polos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival xunta ano tras ano a un gran número de persoas de Ames e da súa contorna. Tras 20 anos o FestiMax xa é un dos festivais de maxia máis lonxevos e consolidados de Galicia”.

Espectáculo Imposible!?, caravana máxica e maxia para os maiores

Esta iniciativa comezou o pasado xoves, 23 de outubro, coa estrea do espectáculo Imposible!?, do galego Mago Rafa; e co espectáculo O Baúl da Maxia, da caravana máxica da maga arxentina Lore Lavand, que estivo o xoves 23 na praza de Chavián, en Bertamiráns. As actividades continuaron o venres 24 ao longo de toda a xornada. Ás 11.00h realizouse unha sesión de maxia para os maiores na Casa dos Maiores de Bertamiráns, a cargo do mago Antón Noriega. Pola tarde, ás 17.00h, realizouse outra sesión de maxia para os maiores no local de JUPEMI, no Milladoiro. Neste caso a cargo do mago Román García.

Ademais, o venres 24, a maga arxentina Lore Lavand estivo co seu espectáculo O Baúl da Maxia, dentro da súa caravana máxica, no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Nestes espectáculos participaron 368 persoas. Ao espectáculo Imposible!? asistiron 108 persoas, mentres que nas sesións de maxia para maiores participaron 80 persoas. No espectáculo O Baúl da Maxia, da caravana máxica, participaron 180 persoas repartidos en grupo de 20 persoas como máximo.

Obradoiros de maxia

Outra das actividades que se realizaron de novo este ano foron os obradoiros de maxia, que sempre gozan dunha gran acollida e están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Nesta ocasión, o mago Román García foi o encargado de impartir os talleres nos que lle ensinou aos máis cativos os trucos máis interesantes da maxia. Os obradoiros de maxia impartíronse o sábado 25 na Casa da Cultura do Milladoiro e o domingo 26 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nestas actividades participaron un total de 35 nenos e nenas.

Gala máxica internacional

A Gala máxica internacional foi novamente o espectáculo que máis espectadores xuntou. Un ano máis, realizáronse catro sesións de dita gala (dúas en Bertamiráns e outras dúas no Milladoiro) nas que participaron un total de 644 persoas. A gala estivo presentada polo mago e monologuista catalán Isaac Jurado.

Nesta ocasión, participaron o mago Seimei, de Corea do Sur, que actuou por primeira vez en Europa presentando a súa proposta na que os elementos orientais foron os protagonistas; Marcos Waldemar, mago galego emerxente que foi galardoado no último Congreso Nacional de Maxia e que presentou unha proposta moi interesante; Peio Rivas, de Vitoria e experto na maxia de manipulación de obxectos, unha das ramas máis complicadas do ilusionismo; Diego & Elena, dous artistas de Madrid e que presentaron un espectáculo no que fusionaron as acrobacias aéreas coa maxia; e maila maga arxentina Lore Lavand, que tamén se ocupou do espectáculo O Baúl da Maxia, da caravana máxica.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *