Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 diciembre, 2024
O circuíto de campo a través de Aldea Nova acolleu nas xornadas deste martes 3 e mércores 4 de decembro a fase comarcal do Campionato de Cros Xogade, que está organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo, e no que colaborou o Concello de Ames
Nestas dúas xornadas participaron 2.050 rapaces e rapazas, que cursan estudos de educación primaria e secundaria, de 20 centros escolares de Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Vedra, Oroso, Boqueixón, Teo, O Pino, Touro, Frades e Melide
Ames, 4 de decembro de 2024.- O circuíto de campo a través de Aldea Nova acolleu nas xornadas deste martes 3 e mércores 4 de decembro a fase comarcal do Campionato de Cros Xogade, que está organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo, e no que colaborou o Concello de Ames. Nestas dúas xornadas participaron 2.050 rapaces e rapazas, que cursan estudos de educación primaria e secundaria, de 20 centros escolares de Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Vedra, Oroso, Boqueixón, Teo, O Pino, Touro, Frades e Melide.
O Concello de Ames vén de habilitar este ano un novo circuíto de atletismo. Trátase do circuíto de cros creado en Aldea Nova, que está integrado nunha zona rural e urbana cunha ampla extensión de zona verde e campo. Trátase dun circuíto que se adapta perfectamente para realizar probas de cros e campo a través, como a primeira edición do Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto, que se disputou o pasado 12 de outubro.
Este mesmo circuíto acolleu nas xornadas deste martes 3 e mércores 4 de decembro a fase comarcal do Campionato de Cros Xogade, que está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Atletismo, e no que colaborou o Concello de Ames. Nestas dúas xornadas participaron 2.050 rapaces e rapazas que cursan estudos de educación primaria e secundaria de 20 centros escolares de Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Vedra, Oroso, Boqueixón, Teo, O Pino, Touro, Frades e Melide.
Esta iniciativa enmárcase no programa Xogade, cuxo obxectivo é facilitar a práctica deportiva entre a mocidade galega, especialmente no ámbito escolar, promovendo un estilo de vida activo e saudable.
2.050 escolares de 20 centros educativos
Nestas dúas xornadas os clubs e atletas competiron na fase comarcal. Deste xeito, esta proba serviu para determinar os clubs e atletas que se clasifican para a fase provincial. Os centros escolares que participaron na xornada deste mércores, 4 de decembro, foron: CEIP ADR Castelao (Ordes), CEIP Apostol Santiago (Santiago de Compostela), CEIP Arzúa, CEIP Campomaior (Ordes), CEIP Cardenal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela), CEIP Ortigueira (Vedra), CEIP Rodríguez Xixirei (Santiago de Compostela), CEIP Sigüeiro (Oroso), CEIP de Vite (Santiago de Compostela) e CRA Neira Vilas (Boqueixón).
Por outra banda, o martes 3 de decembro, participaron nesta fase comarcal alumnos e alumnas dos centros escolares: CEIP da Ramallosa (Teo), CPI Camiño de Santiago (O Pino), CPI Fonte Díaz (Touro), CPI Ponte Carreira (Frades), CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela), CEIP de Roxos (Santiago de Compostela), IES de Cacheiras (Teo), IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela), IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), e IES de Melide.
Clasificación para o campionato provincial
Nestas probas establecéronse dúas clasificacións, individual, segundo o orden de chegada, e por equipos, sumando os puntos obtidos polos 4 primeiros corredores/as de cada centro escolar, 3 no caso dos cadetes de cada centro, resultando gañadora a entidade que acadou menos puntos.
Para o campionato provincial clasificáronse os dous mellores equipos de cada categoría, e os atletas que entraron na meta entre os postos 1 ao 8, e non pertencen aos equipos clasificados. Para esta fase provincial os equipos estarán formados por 6 atletas. Pódese variar os corredores que van a formar parte dos equipos clasificados, con respecto aos que participaron na fase comarcal.
Ao final das probas, houbo entrega de trofeos e 6 medallas para os 3 primeiros centros clasificados en cada categoría, así como medallas para os atletas que entraron na meta nos 3 primeiros postos. As clasificacións destas probas pódense consultar na páxina web da Federación Galega de Atletismo.
Programa Xogade
O programa Xogade (Xogos Galegos en Idade Escolar) agrupa a oferta deportiva e recreativa promovida pola Xunta para estudantes de entre 6 e 16 anos, abarcando desde deportes federados ata competicións escolares. Segundo datos da tempada 2023-2024, participaron case 148.000 escolares en toda Galicia, o que representa o 60% da poboación estudantil galega, e rexistráronse un total de 184.500 participacións en diferentes actividades deportivas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)