AD

Comarca

Máis de medio cento de persoas gozaron do Magosto no centro de día de Lousame

today28 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

28 de novembro de 2024.- Máis de medio cento de persoas, entre maiores e familiares, participaron na tarde do venres na tradicional Festa do Magosto do centro de día de Lousame. A festa contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, que amosou moi satisfeita “pola activa participación dos nosos maiores na celebración, non só bailando e cantando as distintas pezas, senón compartindo experiencias cos veciños e veciñas que se achegaron ata o centro de día”.

A concelleira agradeceu tamén a colaboración, un ano máis, do voluntariado de Lousame e do grupo de gaitas “O son do Pote” (Tállara), que interpretou varias pezas e non foron poucas as persoas que se animaron a botar unhas bailas. Un grupo de voluntarias sénior de Lousame, encabezado polo técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, e coa colaboración das voluntarias europeas Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu, foi o encargado de elaborar as castañas, que se degustaron tras a actuación musical nunha merenda para repoñer forzas complementada con rosca, galletas, zumes e refrescos.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%