AD

Comarca

Máis dun milleiro de pasaxeiros utilizaron no primeiro semestre o bus lanzadeira en Teo

today15 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • A media mensual está sobre 200 pasaxeiros, sendo o horario máis empregado polos mesmos o da primeira hora da mañá para o súa conexión co bus urbano que se colle nos Tilos
  • Preto do 20% dos pasaxeiros súbense ao bus na parada da farmacia de Cacheiras ata a rúa Carballo

Teo, 15 de xullo de 2025.- O balance dos seis primeiros meses de funcionamento do bus lanzadeira en Teo está sendo moi positivo, con máis dun milleiro de pasaxeiros neste primeiro semestre e sobre 200 persoas ao mes.

A acollida deste servizo, que se puxo en marcha a finais do pasado ano, está sendo boa e, polo de agora, non houbo incidencias. Así, analizando os datos destes primeiros meses, podemos observar que o 40% dos usuarios empregan este servizo a primeira hora da mañá, é dicir, empregando o bus que sae ás 6.45 horas da mañá do Xulgado de Paz ata a rúa Carballo, co fin de facer transbordo co bus urbano de Santiago de Compostela que chega ata Os Tilos. Por outra banda, preto do 20% dos pasaxeiros súbense na parada da farmacia de Cacheiras para chegar ata a rúa Carballo.

O servizo do bus lanzadeira ofrece nove servizos ao día de luns a venres laborables. O primeiro sae ás 06.45 horas da Ramallosa e os outros oito son pola tarde, das 16.20 ata as 21.00 horas cunha frecuencia de 40 minutos. Coa expedición da primeira hora da mañá ampliouse o horario do servizo de interese municipal de Teo, que comezaba ás 07.20 horas, permitindo así aos usuarios coller os primeiros autobuses das liñas 6 e 12 do transporte urbano de Santiago, que saen dos Tilos ás 07.00 e ás 07.15 horas. Ademais, cabe lembrar que o transbordo entre ambos servizos é gratuíto. Doutra banda, cómpre tamén salientar que o Concello mantivo os servizos da mañá da liña circular Ramallosa (Xulgado)-Ramallosa (Xulgado), que saen cada hora da Ramallosa, o coñecido como TeoBus.

Con esta medida adoptada polo actual equipo de Goberno teense, mellorouse a accesibilidade para a cidadanía ao favorecer unha maior utilización do transporte público e apostando así por este tipo de medio de circulación. Desta forma, ademais de aliviar o tráfico rodado cara a Santiago, tamén conleva vantaxes de respecto co medio ambiente. Porén, o servizo podía ter sido máis completo se o Concello de Santiago non se negara a ampliar a liña 6 de autobús urbano ata a rotonda do Gadis de Cacheiras. Unha petición que a propia alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, trasladara nunha xuntanza en Raxoi en agosto de 2023 e para a cal obtivo resposta -negativa- en xuño de 2024, é dicir, 10 meses despois.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *