AD

Destacado

Máis prazas no bus de O Pino a Santiago tras a denuncia do alcalde en Radio Líder

today22 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

A Xunta de Galicia decidiu reforzar a liña de transporte público que conecta o concello de O Pino con Santiago de Compostela, engadindo un autobús con máis de 70 prazas no servizo das 08:20 horas. A medida chega apenas 24 horas despois de que o alcalde do municipio, Manuel Taboada, denunciase en Radio Líder Santiago a falta de capacidade do servizo, que estaba a deixar fóra a usuarios habituais, especialmente estudantes.

Durante a maior parte do ano, a demanda cúbrese cun autobús de ata 59 prazas. Porén, ante a situación detectada, a administración autonómica decidiu actuar con celeridade e ampliar temporalmente a capacidade do servizo co obxectivo de garantir o acceso ao transporte público da veciñanza nas horas punta.

Desde o Concello do Pino valoran positivamente a rapidez da resposta e destacan a importancia de atender as necesidades da veciñanza, especialmente no contexto actual de alta mobilidade cara a Santiago.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *