AD

Comercio

María Calvo Ares celebra os 100 anos convertida na única centenaria de Dodro

today24 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

María Calvo Ares, veciña de O Campo, en Lestrobe, celebrou este sábado o seu cen aniversario, un fito que a converte na única persoa centenaria do concello de Dodro na actualidade.

A homenaxeada recibiu a visita da concelleira de Servizos Sociais, Teresa Batalla, e do alcalde, Xabier Castro, que ademais exerceu de fotógrafo durante o encontro. Ambos quixeron trasladarlle persoalmente os parabéns da corporación municipal e recoñecer unha vida marcada polo esforzo, a familia e o arraigo á terra.

María compartiu esta xornada tan especial acompañada do seu fillo, das súas dúas netas e dunha das seis bisnetas, que non quixeron perder a celebración dun século de vida cheo de recordos e afectos.

O Concello de Dodro felicitou a María polo seu aniversario, destacando a alegría de poder celebrar unha data tan significativa cunha veciña tan querida no municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *