Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 julio, 2025
O polideportivo Roser Llop de Figueres acollerá, do venres 18 ao domingo 20 de xullo, o 33º Campionato de España de patinaxe artística, coa participación de 91 patinadores e patinadoras procedentes de 51 clubs na modalidade libre e en categoría sénior e júnior
Do club de patinaxe artística Sarela acudirán a dito campionato dúas patinadoras: as irmás María Peña e Inés Peña, e o patinador Jorge Sanmartín, que conseguiron a clasificación no campionato galego de patinaxe artística celebrado en Gondomar no pasado mes de xuño
Ames, 14 de xullo de 2025.- O polideportivo Roser Llop de Figueres acollerá, do venres 18 ao domingo 20 de xullo, o 33º Campionato de España de patinaxe artística, coa participación de 91 patinadores e patinadoras procedentes de 51 clubs na modalidade libre e en categoría sénior e júnior. Do club de patinaxe artística Sarela acudirán a dito campionato dúas patinadoras: as irmás María Peña e Inés Peña, e o patinador Jorge Sanmartín, que conseguiron a clasificación no campionato galego de patinaxe artística celebrado en Gondomar no pasado mes de xuño.
Os clubs de patinaxe artística Sarela, de Bertamiráns, e Omega, do Milladoiro, participaron o pasado mes de xuño no campionato galego de patinaxe artística celebrado en Gondomar. Ambos clubs completaron grandes actuacións. Por parte do club Sarela, María Peña quedou na segunda posición na categoría sénior, mentres que a súa irmá Inés Peña foi terceira na categoría júnior. As dúas clasificáronse para o campionato de España.
Ademais, Jorge Sanmartín, tamén do club de patinaxe artística Sarela, quedou en cuarta posición na categoría júnior. Neste caso ao haber catro prazas para o campionato de España, Jorge Sanmartín tamén poderá acudir ao campionato que se vai disputar do 18 ao 20 de xullo en Figueres. Do club Sarela, Hugo Bercero tamén participou no campionato galego quedando sexto na categoría júnior masculino.
Por outra banda, o club de patinaxe Omega, do Milladoiro, obtivo os seguintes resultados: Irene Enríquez, foi quinta na categoría júnior feminina, e Marta Lariño quedou na sétima posición, tamén na categoría júnior feminina. Na categoría sénior feminina, Sara Rodríguez quedou en cuarta posición, moi preto do podio, e Idara Pensado conseguiu o quinto posto.
Os tres deportistas de Ames viaxaran o mércores cara Figueres. Alí o polideportivo Roser Llop acollerá as probas o venres, o sábado e o domingo. O xoves realizaranse adestramentos. O acto de benvida será o venres (de 17:15 a 17:30 horas) e a última xornada da competición será o domingo, cando se entregarán os premios ás 22.00 horas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)