Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 junio, 2024
O Concello de Padrón celebrou este sábado o Día da Bicicleta, cunha marcha non competitiva na que participaron 80 persoas de todas as idades. Mario Alfonsín, que acaba de cumprir 81 anos, foi o máis veterano en rematar os 15 km de percorrido. O máis novo, tiña un ano de idade.
Tras visitar as instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo e quentar pernas nunha xincana no paseo do Espolón, a comitiva comezou o percorrido de 15 quilómetros por Padrón, Extramundi, Iria, a desembocadura (onde estaba o punto de avituallamento) e as brañas de Lestrove. O concelleiro de Deportes, Luis Mariño, pechaba a comitiva.
Ao rematar, sorteáronse diferentes agasallos entre as persoas participantes que foron doados polas empresas colaboradoras. O premio estrela foi unha bicicleta BH que sorteou o Concello de Padrón e que gañou Vanesa Loureiro García.
Organizado pola Concellería de Deportes de Padrón, o Día da Bicicleta contou coa colaboración da Deputación da Coruña, Oliveira Bike, Casa Grobas, Deportes Estornela, CC Padronés Cortizo, A de Mario e Onnyx Eyewear.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)