AD

Comarca

Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron na San Silvestre padronesa

today2 enero, 2025

Fondo
share close
AD

Cada participante aportoulle a Cáritas un quilo de alimentos non perecedoiros para distribuír entre as familias vulnerables
• O alcalde, Anxo Arca, estivo presente na saída da proba non competitiva
• Un chocolate con churros axudou os atletas e os ciclistas a repoñer forzas tras os case seis quilómetros de percorrido

Padrón. 2-1-2025.- Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron o 31 de decembro na I San Silvestre padronesa que organiza o Concello de Padrón. A afluencia nesta proba non competitiva desbordou as previsións da organización, que lle entregou un gorro vermello a modo de agasallo ás primeiras catrocentas persoas inscritas.

O bo ambiente e as ganas de despedir o 2024 facendo algo de deporte animou a atletas e ciclistas a percorrer os case seis quilómetros desta proba, que unhas persoas fixeron correndo, outras andando e algunhas tamén en bicicleta.

O alcalde, Anxo Arca, achegouse a dar a saída no paseo do Espolón xunto á concelleira Mariló Saco. O edil de Deportes, Luis Mariño, e a de Turismo, Chus Campos, animáronse a correr na proba. O primeiro tramo da San Silvestre padronesa pasou polas rúas do casco histórico padronés.

Ao rematar, o Concello ofreceulle ás persoas participantes un chocolate quente con churros, que axudou a repoñer forzas na derradeira e soleada tarde do ano 2024.

Todas as persoas participantes doaron un quilo de alimentos non perecedoiros que Cáritas de Padrón distribuirá entre as familias vulnerables do municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%