AD

Arte y Cultura

Melide énchese de luz desde o venres 1 co acendido do alumeado de Nadal

today30 noviembre, 2023

Background
share close
AD

O Concello instala un centenar de puntos de luz polo núcleo urbano e as parroquias rurais. O photocall do Cantón de San Roque, unha das novidades que atraerán á veciñanza e visitantes. As luces permanecerán acesas entre as 18h e as 2h.

Melide, 28 de novembro de 2023.-  O Concello de Melide xa ten todo a punto para o acendido do alumeado de Nadal deste ano, que terá lugar o vindeiro venres, 1 de decembro, ás 18h. Nesta ocasión, son preto de 100 os puntos de luz que se instalaron por todo o termo municipal, incluíndo tanto o núcleo urbano como as parroquias do rural.

Unha das grandes novidades deste ano será o photocall instalado no Cantón de San Roque, onde veciñanza e visitantes poderán fotografarse xunto ás luces. Outros atractivos serán a árbore de luces de máis de 15 metros de altura situado no cruce do centro da vila ou a bóla transitable, de 5 metros de altura, que se colocou na praza do Convento. Ademais, o alumeado constará de modelos completamente novos en varios puntos, como a avenida de Lugo.

O horario de acendido das luces neste Nadal será de 18h a 2h. Un ano máis, Melide enféitase cun alumeado moi especial que cadrará no tempo co concurso de escaparates, de forma que o municipio luza o seu mellor aspecto durante as datas de Nadal, xerando un ambiente que convide a veciñas/os e visitantes a desfrutar da nosa vila.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%