AD

Comarca

Melide presenta o cartel da 34 Festa do melindre e a repostaría tradicional en FITUR

today23 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Madrid, 24 de xaneiro de 2026. O Concello de Melide, a través de Xosé Igrexas, tenente de alcalde, presenta o cartel da 34 Festa do melindre e a repostaría tradicional na Feira Internacional de Turismo en Madrid.

Nesta viaxe a FITUR Igrexas promocionou a festividade máis doce de Galicia para darlle unha maior visibilidade a nivel nacional e internacional, así como atraer a posibles visitantes ao centro de Galicia.

“Traer a presentación do cartel da Festa do melindre e a repostaría tradicional a FITUR deixa claro o forte compromiso que temos dende o Concello coa nosa gastronomía, con crear un turismo sostible no que Melide sexa un gran atractivo, especialmente os días 9 e 10 de maior”.

A Festa do melindre a repostaría tradicional da Terra de Melide foi declarada de Interese Turístico Galego no 2013 e converteuse, co paso dos anos, nunha gran atractivo para visitar a localidade durante a segunda fin de semana de maio.

Ademais, como complemento a esta presentación o presidente da Asociación Terra Doce, Alberto Rodríguez, fixo unha actividade de promoción na EFA A Cancela (As Neves) entre o alumnado de repostaría para poñer en valor os
ricos, amendoados e melindres.

Outro dos temas que o concelleiro de Turismo levou a FITUR foi a promoción dos domingos de Melide que son “unha sinal de identidade da localidade que se deben poñer en valor e darlle visibilidade a un nivel nacional em internacional”, destaca Xosé Igrexas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *