Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 noviembre, 2024
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024.- As traballadoras e traballadores da rede de centros socioculturais de Santiago, os que dependen da empresa Serviplus, non recibiron o pago da súa nómina do mes de outubro. Unha situación pola que amosou a súa preocupación este xoves o Grupo Municipal Socialista, que se fixo eco desta denuncia por parte persoal.
Segundo explicou Mercedes Rosón, esta situación afectaría a un gran número de traballadores, toda vez que a empresa Serviplus ocúpase do lote máis amplo dos catro nos que se divide o contrato do servizo: o da animación sociocultural. O feito está a xerar “inquietude” entre o persoal, advirte Rosón, quen alerta ademais de que o Concello debe o pago de varias facturas tamén á propia empresa, “algo que incrementa esa preocupación polo que está a pasar con este servizo tan importante na nosa cidade”.
Así as cousas, a edil socialista reclamoulle ao executivo de Sanmartín transparencia, para explicar “cal é a situación na que se atopan os pagos por parte do Concello á empresa” e pediulle tamén diálogo ao goberno local co persoal do servizo que, explica, “se atopa agora mesmo nunha situación de vulnerabilidade e de incerteza importante por non recibir o pago da úl2ma mensualidade”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)