AD

Actualidad

Mila Castro (PSOE): “Se as empresas non mudaron, por que co BNG a cidade está máis sucia?”

today18 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024. O Grupo Municipal Socialista presentará no próximo pleno unha interpelación sobre o estado do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria en Santiago, acusando ao goberno local de falta de control sobre a empresa concesionaria. A edil socialista Mila Castro criticou que, a pesar de que a empresa segue sendo a mesma, «desde que goberna o BNG, a cidade está máis sucia e descoidada».

Castro destacou a “falta de traballo de vixilancia e diálogo coa veciñanza” como principal causa do deterioro da imaxe urbana de Compostela, sinalando que o executivo liderado polo BNG «fallou na xestión diaria». Lembrou tamén que a alcaldesa, cando estaba na oposición, demandaba maior fiscalización das concesionarias, e agora «a falta de control é evidente». Estas críticas foron reforzadas tras unha reunión entre os socialistas e o comité de empresa de Urbaser, que denunciou o desleixo no mantemento da cidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%