AD

Comarca

Milladoiro acolle este venres un torneo a prol da investigación da heteroplasia ósea progresiva

today21 mayo, 2025

Fondo
share close
AD
  • Poderase colaborar xogando o torneo, asistindo a un cóctel solidario ou mercando unha camiseta. Inscricións en Squash Santiago

21 de maio de 2025. Squash Santiago, 2mas academia de tenis e pádel e Golan Squash Academy organizan o torneo benéfico “Raquetas en acción” a favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH). Unha iniciativa solidaria que terá lugar este venres 23 de maio, a partir das 17:00 horas, nas instalacións do club de tenis-pádel Squash Santiago no Milladoiro.

Todas as persoas que desexen colaborar poden facelo de tres formas: inscribíndose nos torneos express de tenis, pádel e squash que se desenvolverán a partir das 17:00 horas; comprando a camiseta conmemorativa do evento ou participando no cóctel final. En todo caso, é preciso anotarse previamente en Squash Santiago (981 53 00 12 ou a través de https://www.squashsantiago.com/). Todo o recadado irá a beneficio da investigación desta enfermidade ultrarrara, progresiva, degenerativa e invalidante.

“Raquetas en Acción” arrincará ás 17:00 horas cos torneos de tenis, pádel e squash. A partir das 20:30 horas haberá obradoiros e inchables para os nenos e nenas, barra de perritos calientes, música e moitas sorpresas. Ás 21:00 horas terá lugar unha charla informativa na que unha persoa de ASGPOH explicará os detalles desta enfermidade, así como dos avances que se están conseguindo no campo da investigación. A xornada pecharase cun cóctel solidario.

Entre as tres formas de colaborar coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva figuran a inscrición no torneo (10 euros persoas adultas / 5 euros nenos/as ata 16 anos), comprar unha camiseta conmemorativa do evento (10 euros) ou inscribirse na cea (15 euros persoas adultas / 5 euros nenos/as ata 16 anos). A maiores, haberá posibilidades de combinar estas tres modalidades: torneo e camiseta (15 euros persoas adultas / 10 euros nenos/as ata 16 anos) ou torneo, camiseta e cea (25 euros persoas adultas / 15 euros nenos/as ata 16 anos).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *