AD

Actualidad

Minuto de silencio con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid

today11 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

11/03/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio no Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid onde faleceron 193 persoas.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, integrantes da Corporación e membros do persoal municipal, participaron esta mañá no acto en recordo das 193 vítimas mortais e en solidaridade cos sobreviventes dos atentados terroristas en catro trens da rede cercanías de Madrid, dos que se cumplen 20 anos este 11 de marzo. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e cariño ás familias das vítimas e as persoas que se viron afectadas polos tráxicos atentados terroristas que tiveron lugar o 11 de marzo de 2004 en Madrid.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%