Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 marzo, 2024
05/03/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polo pai e a súa filla, veciños de Laraño, falecidos o domingo nun accidente de tráfico.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, outros/as integrantes da Corporación e membros do persoal municipal, participaron esta mañá no acto en recordo das persoas veciñas de Laraño, Aira Montero Fernández e Óscar Montero Puente, falecidas o pasado domingo nun tráxico accidente de tráfico. O minuto pechouse cun aplauso.
O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e solidaridade ás familias das vítimas do lamentable accidente mortal que tivo lugar o pasado 3 de marzo.
Doutra banda, o alcalde de Ames, Blas García, acompañado por outros/as concelleiros/as da Corporación municipal e persoal municipal gardaron tamén un minuto de silencio diante da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, como mostra de lembranza das dúas persoas que faleceron na estrada AC-543, á altura do acceso á urbanización de Aldea Nova.
Dende o Concello de Ames mostran o seu pesar polo falecemento destas dúas persoas e mostran a súa solidariedade coa súa familia e amizades. Tamén desexan unha pronta recuperación da persoa que permanece ingresada no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, tras verse implicada en dito accidente de tráfico.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)