AD

Actualidad

Muíños acusa a Verea de estar «desconectado da realidade» sobre a senda do Banquete de Conxo

today18 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Critica que “quen se erixiu como promotor da senda” agora pida coordinación, “cando a Xunta incluíu esta senda na lei de acompañamento dos orzamentos do pasado ano para pasar por enriba do Concello”

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024.- Implacable tense amosado este luns o portavoz do Grupo Municipal Socialista ante as declaracións de Borja Verea das últimas horas nas que aseguraba, en relación ás obras da senda que pretende unir Milladoiro e San Caetano, que as cousas “se están facendo ben”. Gonzalo Muíños asegura que esas declaracións amosan unha “absoluta desconexión” do portavoz conservador coa realidade.

Lembra o edil socialista, recorrendo á retranca, que “tan ben se fixeron as cousas que as obras están paralizadas, hai un proceso xudicial penal aberto e a Fiscalía Anticorrupción Europea tamén abriu dilixencias”. Muíños que segue a súa crítica á xestión da Xunta do Partido Popular denunciando que a execución da senda ata agora, “xa deixou medio monte serrado, abríronse novos itinerarios en contra do que dicía o informe de patrimonio da propia Xunta de Galicia e existe xa un regueiro de formigón ao carón do río Sar polas Brañas”.

Así, o portavoz dos socialistas en Raxoi non aforra en críticas ao posicionamento que adopta agora Verea ao reclamar coordinación entre Xunta e Concello para o novo trazado da senda, lembrando que esta actuación foi incluída precisamente polo goberno galego na lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta do pasado ano, co obxectivo, asegura, de “pasar por enriba do Concello”: “é absolutamente impresentable que o que se erixiu como promotor da senda, pida agora coordinación para o novo trazado da senda” asegura.

Os socialistas presentaran alegacións ao trazado orixinal cando aínda estaban no goberno, en febreiro do 2023; e en xuño deste mesmo ano, xa na oposición, levaron ao pleno municipal unha proposición instando á Xunta a paralizar as obras e a reconsiderar o trazado para evitar que atravesara o bosque do Banquete de Conxo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%