Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 marzo, 2024
Imaxe: Google Maps
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024. Mentres avanzan as negociacións para o parque comarcal de bombeiros, o goberno local parece decidido a desvincular a comarcalización do servizo coa construción dun novo edificio. Algo que cuestionan desde as filas socialistas polo efecto, a medio prazo, que pode ter esta medida. O seu portavoz insiste en que, de ser así, unha vez resolta a comarcalización, “pode que chegado o momento non haxa vontade das outras administracións implicadas de resolver a cuestión das instalacións”
Gonzalo Muíños recorda que no anterior borrador de convenio incluíase que Xunta e Deputación contribuían a sufragar a obra remodelación do edificio de Salgueiriños -con un millón de euros cada unha, e o concello aportaba o restante-, algo que non chegou a confirmarse xa que, critica, o goberno galego “decidiu frear as negociacións pola proximidade das eleccións”.
A gravidade da cuestión reside, explica Muíños, en que nun prazo máximo de tres anos, a Xunta requirirá as instalacións actuais que ocupan os bombeiros na Avenida de Lugo porque o espazo formará parte do novo edificio administrativo da administración autonómica. Así, insiste, cómpre “iniciar os traballos canto antes para o novo edificio, “sexa ou non comarcal” porque “en tres anos como máximo, os nosos bombeiros se quedarán sen parque, e se non se comezan os traballos para a nova localización podemos ter un problema”.
En este sentido, Muíños pídelle ao bipartito “seriedade” nesta cuestión, “que sigan as negociacións agora que a Xunta non está preocupada por períodos electorais” pero insiste, en que esas negociacións se fagan pensando a medio prazo, tendo en conta esta cuestión e pensando tamén que “se non levan o parque de bombeiros a Salgueiriños, que pensan facer con ese edificio?”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)