Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 febrero, 2024
Insta ao goberno local a que se solucione os problemas de afundimento na rúa onde hai localizadas varias fochancas que poñen en risco a circulación na zona
“A zona sen luz é un tramo curto e non sería unha gran inversión a colocación de algunhas luminarias, pero suporían un gran salto en materia de seguridade, sobre todo para os peóns”, afirma.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024. Actuacións de asfaltado e a instalación de varias luminarias na rúa de Rial de Conxo, será a solicitude que fará Gonzalo Muíños no próximo pleno ao goberno local. Segundo o portavoz dos socialistas a rúa conta con puntos onde o asfalto se está afundindo, creando fochancas. Tamén en outras zonas onde se fixo un asfaltado en frío. Así o edil socialista reclama ao goberno local a que dea a instrución de solucionar o asfalto desta rúa, que explica, pode realizarse co contrato de mantemento de espazos públicos que puxo en marcha o goberno socialista. “Non é máis que tramitar a solicitude para que a empresa concesionaria deste servizo actúe” explica Muíños, polo que non entende por que non se realizou aínda.
Logo de manter un encontro coas veciñas e veciños da zona, Muíños reclama ademais ao execu vo local a instalar varias luminarias nesa zona “para poder transitar, tanto peóns como vehículos, con total seguridade”.
Insiste en que non se trata dunha gran inversión, e que incluso puidera incluírse tamén dentro do propio contrato de iluminación que tamén os socialistas puxeron en marcha a finais do pasado mandato para proceder á renovación de todas as luminarias de Santiago: “ademais da renovación de todos os farois, había un retén de varias luminarias a maiores para ampliar a zonas con necesidade, como é o caso” afirma.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)