AD

Sucesos

Nai e fillo resultan feridos tras bater contra un can na AG-11 en Dodro

today10 abril, 2026

Fondo
share close
AD

Dúas persoas, unha nai e o seu fillo, resultaron feridas de madrugada despois de sufrir un accidente de tráfico no concello de Dodro, ao colidir o vehículo no que viaxaban cun can. O sinistro tivo lugar no quilómetro 11 da autovía AG-11, nas proximidades de Padrón.

O aviso ao 112 Galicia produciuse arredor das 05:30 horas, grazas ao sistema automático de emerxencia do propio coche, que permitiu manter contacto constante coas ocupantes tras o impacto.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, axentes de Tráfico, así como membros dos Bombeiros de Boiro e do GES de Padrón, que colaboraron nas tarefas de atención e seguridade.

Segundo as primeiras informacións, a nai foi a que presentaba máis molestias, con dores no pescozo a causa do tirón provocado pola freada, ademais de lesións nun brazo. Ambos os dous foron atendidos no lugar polos servizos sanitarios.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *