AD

Comarca

“Non é Culpable”: Ames conciencia sobre as molestias e danos dos ouriños dos cans na rúa

today25 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O alcalde de Ames, Blas García, explicou que “este é un problema de concienciación social e de convivencia. Todos temos dereitos, tanto os propietarios como as propias mascotas, pero tamén hai obrigas, e unha delas, como di a lei de benestar animal, é que cando sacamos a pasear ás nosas mascotas debemos de levar unha botella cun liquido desinfectante, que nos serva para limpar os ouriños”
  • O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explicou que “esta campaña realizase por unha demanda que había entre a veciñanza, xa que nos chegan constantemente avisos sobre os problemas que están causando os ouriños que depositan os cans nas rúas. Neste caso, ao igual que na campaña sobre o abandono de excrementos nas rúas, os responsables son os propietarios/as dos animais”
  • O presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, indicou que “moitos dos nosos socios e socias estannos transmitindo que os ouriños dos cans están sendo un problema, polo que pedimos un pouco de sentido común e que sexamos consciente da necesidade de limpar os ouriños dos cans para manter as nosas rúas limpas”

Ames, 25 de setembro de 2025.- “NON é culpable” é o lema escollido de novo pola Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, para lanzar unha nova campaña de sensibilización motivada polas queixas da veciñanza sobre as molestias e danos causados polos ouriños dos cans na rúa. Apélase á responsabilidade veciñal  para que os propietarios/as de cans limpen cun líquido desinfectante os ouriños das mascotas na rúa. Esta iniciativa súmase á campaña de sensibilización sobre o abandono de excrementos nas rúas que foi presentada en xuño de 2024. Nesta ocasión cóntase coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e da Policía Local de Ames que reforzará a vixilancia, podendo aplicar sancións dos 50 aos 3.000 euros. Nos comercios amesás repartiranse entre a clientela 300 botellas, para que os propietarios/as leven con eles/as dita botella con líquido desinfectante cando saquen o can a pasear.

O Concello de Ames, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames, presenta unha nova campaña de sensibilización para concienciar á veciñanza amesá sobre as molestias e danos causados polos ouriños dos cans na rúa. No acto de presentación participaron o alcalde, Blas García, o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, o presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, e a técnica do departamento de Medio Ambiente, Marivi Arufe.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou que “este é un problema de concienciación social e de convivencia. Todos temos dereitos, tanto os propietarios como as propias mascotas, pero tamén hai obrigas, e unha delas, como di a lei de benestar animal, é que cando sacamos a pasear ás nosas mascotas debemos de levar unha botella cun liquido desinfectante, que nos serva para limpar os ouriños. Unha gran parte do mobiliario urbano e das entradas dos comercios está cheo de ouriños das mascotas, por iso con esta campaña pretendemos concienciar á poboación sobre a importancia, necesidade e obriga de que cada vez que saquen a pasear a súa mascota leven con eles unha botella con liquido para limpar os ouriños. Isto é algo serio e importante, que é fundamental para a convivencia de todos e todas, tanto dos que teñen mascotas coma dos que non as teñen”.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explicou que “esta campaña realizase por unha demanda que había entre a veciñanza, xa que nos chegan constantemente avisos sobre os problemas que están causando os ouriños que depositan os cans nas rúas. Neste caso, ao igual que na campaña sobre o abandono de excrementos nas rúas, os responsables son os propietarios/as dos animais. A lei de benestar animal responsabiliza aos propietarios/as da limpeza dos ouriños. Para facilitar que a veciñanza poida limpar ditos ouriños, vanse a repartir nos establecementos comerciais un total de 300 botellas, para que a veciñanza poida utilizala para limpar os ouriños dos cans. O obxectivo principal da campaña é a concienciación, para evitar este tipo de condutas incívicas”.

O presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, indicou que “dende XEA apoiamos esta segunda campaña de Non é culpable, para concienciar á veciñanza de que é necesario limpar os ouriños que depositan os cans nas rúas. Moitos dos nosos socios e socias estannos transmitindo que os ouriños dos cans están sendo un problema, polo que pedimos un pouco de sentido común e que sexamos consciente da necesidade de limpar os ouriños dos cans para manter as nosas rúas limpas”.

“NON é culpable”

Os ouriños das mascotas nos espazos públicos teñen consecuencias moito máis amplas e serias do que pode aparentar, xa que non limpalas implica estragos nos mobiliario público como en bancos, farois, maceteiros, etc. Con esta iniciativa, o Concello de Ames busca chamar a atención ás persoas propietarias de mascotas, en especial cans, para que sexan conscientes do impacto que xeran os ouriños depositados nas vías públicas, tanto nas relacións entre a veciñanza e os donos e donas de cans como na calidade de vida no concello.

A posta en marcha desta campaña de sensibilización está acompañada dun reforzo da colaboración coa Policía Local amesá, que reforzará a súa vixilancia neste eido, podendo aplicar sancións que van dende os 50 ata os 3.000 euros. Esta iniciativa súmase á campaña de sensibilización sobre o abandono de excrementos nas rúas que foi presentada en xuño de 2024.

Así mesmo, o Concello de Ames recorda que a tenza de animais de compañía debe realizarse de maneira responsable, tendo en conta en todo o momento que as mascotas son seres vivos, e que necesitan de certos coidados e dun compromiso firme que os seus donos e donas deben estar dispostos a asumir.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *