Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 septiembre, 2025
A autovía A-54 volveu ser escenario dun sinistro viario esta mañá ao seu paso polo Concello do Pino. Á altura da parroquia de Cerceda, no punto quilométrico 76, producíuse unha colisión na que se viron implicados catro vehículos e que deixou como balance catro persoas feridas, aínda que afortunadamente non houbo que lamentar vítimas mortais.
O suceso tivo lugar arredor das 9.00 horas, cando un particular deu aviso ao 112 Galicia alertando de que un dos coches quedara envorcado no medio da estrada. De inmediato, o centro de emerxencias mobilizou efectivos do 061, así como aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago, e á Garda Civil de Tráfico.
Este novo sinistro prodúcese só uns días despois do accidente mortal rexistrado tamén na A-54, no que faleceron dous mozos moi coñecidos en O Pino e Arzúa, Paula Aller, de 24 anos, e Elías Rodríguez, de 23. O traxecto entre Santiago e Lugo acumula así outro capítulo tráxico e mantén a preocupación pola elevada sinistralidade da vía.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)