AD

Actualidad

Novo acto vandálico nas pistas de pádel de Lameiro, no Pino

today10 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

As pistas de pádel de Lameiro, no concello do Pino, volveron ser obxecto dun acto vandálico. Así o denunciou o Concello a través das súas redes sociais despois de que as instalacións amenceran este luns, cun dos cristais esnaquizado. Segundo explica o consistorio, trátase xa do terceiro episodio de vandalismo rexistrado no último ano nestas instalacións deportivas.

Desde o Concello do Pino condenan este tipo de comportamentos incívicos e lembran que “atentan contra un espazo que é de todos e todas”, ademais de supoñer un custo económico para as arcas públicas e prexudicar ás persoas usuarias destas instalacións.

Como consecuencia dos danos, o Concello anunciou que a actividade nas pistas de pádel queda suspendida temporalmente ata que os operarios municipais poidan repoñer o cristal esnaquizado.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *