Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o novo circuíto de calistenia conta entre outros elementos con barras paralelas, escaleira vertical para trepar e barras para desprazarse. Todos estes elementos permiten traballar a maioría dos grupos musculares, ademais de mellorar a forza muscular, aumentar o nivel de resistencia e queimar calorías”
Este circuíto de calistenia súmase ao parque biosaudable, á pista deportiva e ao parque infantil que están situados na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. Ademais, esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro
Ames, 11 de abril de 2024.- A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou esta mañá o novo circuíto de calistenia que se vén de instalar no paseo fluvial de Bertamiráns. Na execución destas novas instalacións investíronse 39.990 euros. Esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro. A calistenia é un sistema de exercicios físicos nos que se utiliza o propio peso corporal, para fortalecer os diferentes grupos musculares.
Os parques ou circuítos de calistenia son novos espazos deportivos que permiten facer deportes ao aire libre de forma individual ou en grupo. Debido ao auxe que están tendo estas instalación o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, decidiu investir preto de 40.000 euros na instalación dun novo circuíto de calistenia no paseo fluvial de Bertamiráns.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o novo circuíto de calistenia conta entre outros elementos con barras paralelas, escaleira vertical para trepar e barras para desprazarse. Todos estes elementos permiten traballar a maioría dos grupos musculares, ademais de mellorar a forza muscular, aumentar o nivel de resistencia e queimar calorías”.
Este circuíto de calistenia súmase ao parque biosaudable, á pista deportiva e ao parque infantil que están situados na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. Ademais, esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro.
Execución do novo circuíto
En primeiro lugar levouse a cabo a adecuación do terreo. Estas actuacións realizáronse co obxectivo de deixar o terreo completamente nivelado e acondicionado para levar a cabo a soleira de formigón do novo parque. Unha vez realizada a soleira de formigón colocáronse os equipos de calistenia coas súas correspondentes ancoraxes, e procedeuse, sobre a soleira de formigón, á colocación do caucho.
Executouse unha superficie de caucho continuo de diferentes espesores segundo o requirido polo fabricante para cada un dos equipos. O caucho granulado SBR mesturouse con resina de poliuretano e repartiuse por toda a superficie da soleira de formigón xa existente. A función desta mestura é amortecer a superficie do parque fronte a posibles caídas dos/as usuarios/as.
Written by: Líder Redacción
ames bertamirans calistenia deporte radio lider santiago saude sociedade
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)