AD

Actualidad

Melide contará cun Club de Saúde orientado a pacientes con cancro

today30 abril, 2024

Background
share close
AD

Trátase dun programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades

Melide, 30 de abril de 2024.- A Asociación Española Contra o Cancro na provincia de A Coruña presentou onte os seus novos Clubs de Saúde, un programa de intervención sociocomunitaria deseñado especificamente para as contornas máis rurais, que ten o obxectivo de fomentar a saúde integral de persoas afectadas por enfermidades ou situacións que interferen na súa esfera persoal, familiar ou social.

Na presentación participou o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, a concelleira de saúde, Carmen Liñeira, o presidente da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia da Coruña, Manuel Aguilar; os alcaldes de Cedeira e Vimianzo, Pablo Diego Moreda, e Mónica Rodríguez, respectivamente, o xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee , Luis Verde, e a responsable de Coordinación Territorial da Asociación, Rocío García de la Barga. Tamén estiveron persoas voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro nas localidades de Melide, Cedeira e Vimianzo, que serán as primeiras en contar cun Club de Saúde, que se poñerán en marcha en xuño nos centros de saúde.

Os clubs están especialmente orientados á atención de pacientes con cancro, sobreviventes e familiares, co propósito de mellorar a súa saúde física, emocional e social, ademais de facilitar o acceso a recursos aos pacientes que viven en entornos rurais.

O alcalde, José Manuel Pérez, valorou “moi positivamente a implantación do Club de Saúde no noso municipio xa que vai a mellorar a atención de pacientes con cancro e familiares, tando dende o punto de vista físico como emocional e social”. Ademáis, engadiu “ é un servizo moi necesario en entornos rurais como o noso, no que moitapoboación non pode desprazarse continuamente ás cidades para facer uso destes servizos.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%