AD

Comarca

O alcalde de Ordes gasta case 340.000 euros en obras executadas mediante «contratos verbais»

today31 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde de Ordes viuse forzado a levantar un reparo formulado Intervención municipal, a cal no seu informe determina a “ausencia total e absoluta de procedemento (contratación verbal) e carencia absoluta de crédito”, detectando ademais a existencia de “infraccións do ordenamento xurídico que constitúe unha infracción administrativa moi grave en materia de xestión económica orzamentaria”.

Desde o BNG, consideran este xeito de operar por parte do alcalde como “irresponsable e totalmente impropio na xestión dos fondos públicos”. O voceiro da formación nacionalista, Pablo Vidal, apunta que “no ámbito privado, unha persoa pode contratar empresas sen presuposto para facer as obras que estime oportunas e logo pagarlle a nota que lle pasen, pero na administración pública, débense aplicar os procedementos regulados na lei de contratos do sector público, velando pola concorrencia competitiva e a igualdade de oportunidades, así como someterse á fiscalización da intervención municipal”. Semella que temos un alcalde “que pensa que os cartos da veciñanza son seus, e pode facer con eles o que lle pete”, opina o portavoz do bloque.

Para Vidal, trátase dunha “grave imprudencia do alcalde que pon en risco mesmo o pago ás propias empresas que executan os traballos, tendo que recorrer a levantar os reparos impostos pola intervención municipal a este nefasto xeito de proceder”, e considera que a situación revela “a total improvisación do goberno municipal, que aproba os presupostos a mediados de ano e que poucos meses despois atópase cunha carencia absoluta de crédito para afrontar o pago destas obras irregularmente contratadas”.

Deste xeito, o bloque votou en contra tanto do recoñecemento extraxudicial de créditos coma da modificación créditos precisa para “financiar o pagamento de 340.000 € en 20 obras contratadas verbalmente polo alcalde” manifestando que “non imos de ningunha maneira, a ser cómplices das irregularidades cometidas polo alcalde”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *