AD

Comarca

O alcalde de Padrón agradécelle ao cadro de persoal a súa implicación durante os días de temporal

today29 enero, 2025

Fondo
share close
AD

Padrón. 29-1-2025. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, tivo hoxe palabras de agradecemento para as traballadoras e traballadores municipais que durante estes días estiveron traballando arreo para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron.  

Anxo Arca fixo extensivo este recoñecemento ao cadro de persoal das empresas privadas que se encargan do mantemento de diferentes servizos municipais. 

Nunha reunión celebrada este 29 de xaneiro no salón de Plenos, Anxo Arca conversou cunha representación do cadro de traballadores municipais. En nome de toda a veciñanza trasladoulles o agradecemento e recoñecemento pola súa implicación durante estes día de fortes choivas.  

O alcalde recoñeceu que traballaron en condicións moi adversas para minimizar o impacto dos temporais e para que se puidese recuperar a normalidade o antes posible. 

Na xuntanza estiveron presentes traballadores e traballadoras dos departamentos de vías e obras, limpeza viaria, parques e xardíns, Policía Local e GES. 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *