AD

Actualidad

O alcalde de Padrón entrega o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela a Amalia Blanco Pose

today23 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

• A gañadora, de 18 anos e veciña de Santa Comba, logrou este prestixioso galardón coa obra ‘No neghro da ialma’
• O texto destaca pola singularidade do seu estilo e pola súa visión persoal e comprometida da sociedade

Padrón. 21-22025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, fixo entrega esta tarde do XXXIV Premio Literario Camilo José Cela a Amalia Blanco Pose, unha moza de 18 anos de Santa Comba, pola súa obra No neghro da ialma. O certame, un dos máis prestixiosos no ámbito das letras españolas, recibiu nesta edición un total de 123 relatos, superando os 119 do ano anterior.

O premio, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa, reafirma o compromiso do Concello de Padrón coa promoción cultural e serve como homenaxe á figura humana e literaria de Camilo José Cela, Premio Nobel de Literatura.

O xurado, presidido polo alcalde e responsable da área de Cultura, Anxo Arca, estivo composto por expertos de diversos ámbitos literarios e educativos, quen destacaron a obra gañadora pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade”. O xurado tamén resaltou a singularidade do uso da gheada e do seseo na obra, elementos pouco habituais nos concursos literarios.

Amalia Blanco escribiu a obra con tan só 17 anos e, aínda que conta cunha extensa traxectoria literaria e numerosos premios en poesía, recoñeceu que nunca pensou en gañar un certame da categoría do Premio Camilo José Cela. A autora explicou que No neghro da ialma é unha obra profundamente persoal na que transformou os sentimentos dunha etapa escura da súa vida en ficción.

O acto celebrouse no Paraninfo da Fundación Pública Camilo José Cela e contou tamén cun recital lírico a cargo da soprano Beatriz Vázquez Lorenzo, acompañada ao piano por Ría Garrido.

Con esta edición, o Premio Literario Camilo José Cela consolídase como un referente no panorama literario, promovendo a creatividade e dando visibilidade a novas voces narrativas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *