Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 noviembre, 2024
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, acusou ao Partido Socialista de «banalizar o xenocidio franquista» despois de que, durante o pleno do 31 de outubro, este cualificase as súas accións políticas como «rozando os procesos ditatoriais de antaño». Bustelo, visiblemente indignado, considerou esta afirmación «unha falta de respecto» ás persoas que sufriron a represión da ditadura, incluíndo moitos militantes do propio PSOE.
Coincidindo coa xornada de homenaxe ás vítimas da ditadura, Bustelo defendeu o seu compromiso coa recuperación da memoria histórica, lembrando o seu traballo en intervencións arqueolóxicas para exhumar os restos de mozos de entre 20 e 30 anos asasinados tras o golpe de estado de 1936. Concluíu advertindo que, na política, «non todo vale».
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)