AD

Comarca

O alcalde do Pino acompaña a veciña Dolores Ferro na celebración do seu centenario

today6 abril, 2026

Fondo
share close
AD

 

O Pino.6-4-2026.- A veciña do lugar de Veirán, na parroquia de Gonzar, Dolores Ferro Seijo, celebrou o pasado 4 de abril o seu 100 aniversario arroupada polo cariño da súa familia e das persoas máis próximas.

A centenaria compartiu este día tan especial co seu fillo Manuel, coa súa nora Consuelo e coa súa neta Lola, cos que convive na actualidade, así como con amigos, veciños da parroquia e coa súa irmá, desprazada desde Bilbao para a ocasión. A familia organizoulle unha festa sorpresa que fixo desta xornada unha celebración moi emotiva.

Ata o lugar desprazouse tamén o alcalde do Pino, Manuel Taboada, acompañado do concelleiro Gerardo Pintor, quen quixeron sumarse á homenaxe facendo entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza.

Desde o Concello do Pino trasladan a Dolores Ferro os seus parabéns por acadar esta destacada efeméride, ao tempo que poñen en valor o papel das persoas maiores como depositarias da memoria, da experiencia e da identidade colectiva do municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *