AD

Comarca

O alcalde do Pino pídelle á Xunta que autorice facer esperas para controlar o exceso de lobos

today18 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Manuel Taboada recorda que hai numerosos ataques ao gando vacún e ovino na metade das parroquias do municipio
• Solicita á Consellería de Medio Ambiente cales son os pasos a seguir para que o Tecor A Magdalena poida tramitar as autorizacións necesarias
• Os gandeiros xa lle solicitaran esta medida á conselleira o pasado mes de decembro en Lardeiros

O Pino. 16-5-2025.- Os gandeiros de seis parroquias do Pino están moi preocupados polos constantes ataques do lobo, que mata vacas e ovellas, dun xeito máis reincidente en Lardeiros, Pastor, Medín, Gonzar, San Breixo e Cerceda. Unha vez que se levantou a protección do lobo no listado Lesrpe, o alcalde pídelle á Consellería de Medio Ambiente que autorice ao Tecor A Magdalena poder facer esperas para controlar a poboación de lobos.

Nunha carta remitida á conselleira Ánxeles Vázquez, o alcalde do Pino solicita que se informe ao Concello dos pasos a seguir para que o Tecor A Magdalena poida tramitar as peticións e autorizacións pertinentes, conforme á normativa vixente, para facer as esperas e axudar a controlar a poboación dos lobos.

O Comité Permanente do Convenio de Berna do Consello de Europa aprobou en decembro cambiar o estatus internacional do lobo en Europa, pasando de especie estritamente protexida a protexida.

Agora en que España tamén se modificou o Listado de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) para o Lobo, dende o Concello do Pino solicitan o apoio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para que autorice ao Tecor A Magdalena a evitar a excesiva presenza do lobo no municipio e colaborar, deste xeito, cos gandeiros do Pino.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *