AD

Comarca

O amesán Iván Gutiérrez Mosquera, campión galego de ximnasia rítmica cadete

today3 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O deportista amesán acadou unha nota final de 18 puntos. Isto permítelle participar no campionato de España que se celebrará do 8 ao 13 de abril no Palacio multiusos de Guadalajara. Iván Gutiérrez competirá o domingo 13 de abril

O obxectivo marcado por Iván e pola súa adestradora é ser campión de España. O deportistas amesán acadou en 2024 a medalla de bronce no campionato nacional de ximnasia rítmica individual. Esta era a súa primeira participación no campionato nacional a nivel individual. Ademais, no ano 2023 foi prata en ximnasia acrobática por parellas

Ames, 3 de abril de 2025.- Iván Gutiérrez Mosquera, nado en Ames en 2010 e pertencente ao Club Ximnasia Rítmica Compostela, vén de acadar o campionato galego de ximnasia rítmica na categoría cadete. Deste xeito, clasificouse para o campionato de España que se celebrará este mes de abril en Guadalajara. O deportistas amesán acadou en 2024 a medalla de bronce no campionato nacional de ximnasia rítmica individual e no ano 2023 foi prata en ximnasia acrobática por parellas.

O pasado 9 de marzo o amesán Iván Gutiérrez Mosquera acadou o campionato galego base individual masculino de ximnasia rítmica da Xunta de Galicia, que se disputou no pavillón municipal de Baltar, en Sanxenxo. O deportista amesán acadou unha nota final de 18 puntos. Isto permítelle participar no campionato de España que se celebrará do 8 ao 13 de abril no Palacio multiusos de Guadalajara.

Iván Gutiérrez competirá o domingo 13 de abril. Iván Gutierrez mostrouse, nos micrófonos de Ames Radio, moi satisfeito co resultado obtido no campionato galego. “Ía un pouco nervioso porque quería emocionar ao público e que lle gustase a miña montaxe. Ao final saíume moi ben e estou moi contento co resultado que conseguín”. Tamén explica que neste campionato competiu na modalidade individual, pero que tamén competirá a nivel grupal no campionato galego nos próximos meses.

Comezou a practicar ximnasia acrobática aos 4 anos

O deportista amesán indica que aos catro anos comezou a practicar ximnasia acrobática, pero despois aos 11 anos comezou a facer ximnasia rítmica e estivo compatibilizando durante dous anos as dúas modalidades, ata que tivo que escoller e se decantou pola ximnasia rítmica. Na actualidade adestra arredor de vinte horas á semana (os luns, mércores, xoves, venres e sábados).

Tamén explica que dende o pasado mes de setembro está preparando a montaxe coa que competiu no campionato galego e tamén vai levar ao campionato de España. Está composta por riscos (lanzamentos feitos cun aparato); mestrías (pequenos lanzamentos); dificultades (saltos e equilibrios).

O obxectivo marcado por Iván e pola súa adestradora é ser campión de España. O deportistas amesán acadou en 2024 a medalla de bronce no campionato nacional de ximnasia rítmica individual. Esta era a súa primeira participación no campionato nacional a nivel individual. Ademais, no ano 2023 foi prata en ximnasia acrobática por parellas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *