AD

Actualidad

O BNG compostelán retira a súa moción sobre Altri onde se lle pedía á Xunta que “delinquise”

today24 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

O concelleiro popular, Evaristo Ben, explicou que ademais do despropósito da moción, evidenciouse a falta de criterio do BNG, posto que no ano 2022 déronlle o seu apoio a este proxecto e agora o demonizan, sen que ningunha característica tivera mudado.

“Ao marxe das proclamas ideolóxicas que pretenden impoñer sobre a realidade e a técnica, hai algo que resulta preocupante, é dicir, a vontade que amosan os nacionalistas por orientar os informes e por incidir na apreciación técnica dos funcionarios especializados”, subliñou.

Ante esta situación, preguntoulles que “se pensan que Peleteiro non é o mellor para a cidade, diranlle aos técnicos de Urbanismo que emitan un informe negativo, aínda que o proxecto se axuste ás condicións da legalidade, realmente fan vostedes esas cousas?”

O BNG veuse hoxe na obriga de retirar unha das súas mocións no Pleno ordinario que se celebrou hoxe no Concello de Santiago, despois de debater a moción e xusto antes da votación. Nesta iniciativa, presentada conxuntamente con Compostela Aberta, pretendíase que a corporación instase á Xunta de Galicia a “delinquir” emitindo un informe negativo ao proxecto de construción dunha factoría de pasta de celulosa de Altri en Palas de Rei.O concelleiro popular, Evaristo Ben, explicou que ademais do despropósito da moción e o ridículo vivido, evidenciouse a falta de criterio do BNG, posto que, no ano 2022, déronlle o seu apoio a este proxecto e agora o demonizan, sen que ningunha característica tivera mudado

“Ao marxe das proclamas ideolóxicas que pretenden impoñer sobre a realidade e a técnica, hai algo que resulta preocupante polo que revela, é dicir, a vontade que amosan os nacionalistas por orientar os informes e por incidir na apreciación técnica dos funcionarios especializados”, subliñou.

Ante esta situación, o popular preguntoulles que “se pensan que Peleteiro non é o mellor para a cidade, diranlle aos técnicos do departamento de Urbanismo que emitan un informe negativo aínda que o proxecto se axuste ás condicións da legalidade, realmente fan vostedes esas cousas?”.

Ben preguntoulles se de verdade pretendían que a Xunta emitise, aprioristicamente e por mera vontade política, un informe negativo que supoña aprobar unha proposición para delinquir. Así lembroulles que “os informes non os elaboran os responsables políticos; os informes os elaboran os técnicos, conforme a súa independencia e ao seu leal saber e entender”.

Lembroulles que, “si unha vez emitidos, cren que os informes non incorporan a motivación ou o fundamento suficiente, será ese o momento de cuestionalos, nun Estado de Dereito, o parecer político non pode substituír ás condiciones establecidas pola Lei”, subliñou

En relación ao proxecto en si, o popular explica que non pode ser complexo conciliar desenvolvemento e sostenibilidade, pero “os nacionalistas prefiren o simplismo gratuíto e o empobrecemento do non. Hai dous modelos económicos e ambientais para Galicia: o do desenvolvemento sostible, que precisa de traballo e nelo estamos e o do subdesenvolvemento insostible, que esixe proclamas, e é no que están vostedes”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%