AD

Comarca

O BNG de Ames denuncia falta de persoal no servizo de pediatría do Centro de Saúde de Bertamiráns

today19 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O grupo municipal considera que se trata dunha estratexia planeada do goberno do PP para seguir desmantelando a sanidade pública
  • O pasado mes de agosto o BNG de Ames levou a pleno unha moción,que se aprobou por unanimidade, na que se esixía á Xunta de Galicia a dotación do persoal necesario que garantise a atención pediátrica pola tarde no centro de saúde

Ames, 19 de decembro de 2024. Xa daquela o grupo municipal facíase eco das demandas das sanitarias, que expresaban a súa preocupación tanto polo estado no que se atopa o edificio como pola falta de persoal, que redunda na atención inadecuada aos doentes.

A día de hoxe a situación é,se cabe, peor. Nun concello como o de Ames,cualificado como a única reserva demográfica galega, as familias enfróntanse a unha situación insoportable: de luns a venres polas tardes, en horario de consulta son derivadas ao servizo de PAC onde son atendidas por un médico de familia pola falta de pediatra.

“Preocúpanos moito que o elevado número de nenas e nenos do noso concello carezan dun dereito básico e primordial para a infancia e que consideramos que sempre debe estar garantido”, asevera a voceira Escarlata Pampín.

A falta de solucións para un problema denunciado polo BNG de Ames en multitude de ocasións leva ao grupo municipal a considerar que se trata dunha estratexia planeada do goberno do PP para seguir desmantelando a sanidade pública “ Se quixesen facelo, tiveron anos de sobra para adoptar as medidas necesarias e non seguir escusándose na falta de médicos, pero claro, hai que querer facelo”, apunta Pampín.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *